Teaching GuideTerm Faculty of Computer Science |
Grao en Enxeñaría Informática |
Subjects |
Integrative Programming |
Assessment |
Identifying Data | 2017/18 | |||||||||||||
Subject | Integrative Programming | Code | 614G01049 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Third | Obligatoria | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Competencies / Results | Description | Qualification |
Supervised projects | A53 B1 C6 C7 C8 | Os alumnos resolverán un problema complexo integrando diferentes tecnoloxías. Aínda que se proporán traballos a realizar, incentivarase que os alumnos desenvolvan, deseñen e resolvan propostas propias. É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar a asignatura entregar en prazo este traballo, que inclúe parte de prácticas de laboratoria e parte de traballos tutelados, así como obter como mínimo o 50% da puntuación máxima asignada ao mesmo. Este traballo realizarase preferentemente en grupos. A súa avaliación realizarase nunha defensa na que cada membro da parella será avaliado individualmente. |
40 |
Laboratory practice | B1 B3 C6 | A avaliación das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados se realizará de forma conxunta nunha única defensa final. Ver o apartado sobre avaliación dos traballos tutelados. | 20 |
Mixed objective/subjective test | A53 B1 B3 C6 | Proba sobre os contidos presentados na docencia expositiva e desenvolvidos nas sesións de laboratorio e nas titorías grupais. É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter como mínimo o 40% da puntuación máxima da proba mixta. |
40 |
Assessment comments | |||
É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter unha cualificación global, aplicando as ponderacións da proba mixta, das prácticas de laboratorio e da proba mixta igual ou superior ao 50%. En caso de obter unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumplir con algunha das condicións necesarias a cualificación final será un Suspenso (4.9). O mecanismo de recuperación que se habilitará na segunda oportunidade de xullo incluira un novo prazo de presentación de traballos tutelados, que será anunciado atendendo á data do exame fixada pola Facultade. As condicións de avaliación da segunda oportunidade serán as seguintes:
En ningún caso se manterán as notas obtidas entre diferentes convocatorias (é dicir, a nota obtida en calquera das probas avaliadas no curso académico 2016/2017 non será tida en conta durante o curso 2017/2018) Exemplos de avaliación:
Os alumnos que non se presenten á proba mixta nin entreguen o traballo final obterán unha cualificación de "Non presentado". Presentarse e non superar calquera das dúas probas de avaliación suporá unha cualificación de "Suspenso". Non se fará ningunha consideración especial cara aos alumnos con matrícula a tempo parcial. |
|