O exame final (sobre os contidos das sesión maxistrais) constará dun conxunto de preguntas tipo test e/ou preguntas de desenvolvemento.
Tanto na convocatoria de xuño como na de xullo, a proba de avaliación será similar.
A asistencia ás sesións teóricas (sesión maxistral) será obrigatoria (70% das mesmas). Os estudantes que non teñan a asistencia do 70%, podrán presentarse ao examen final teórico no que o aprobado será a nota de 8 sobre 10. Os alumnos/as con matrícula parcial deberán ter asistencia ao 50% das sesión.
O alumno/a debe ter aprobada a parte práctica da materia (análise de fontes documentais e presentacións oráis) para poder presentarse ao exame final. Só se evaluarán as prácticas dos alumnos/as que asistan as sesións expositivas realizadas polos mesmos.
Unha vez aprobada a parte práctica, a cualificación da mesma gardarase para as convocatorias seguintes (tanto para cada oportunidade como para cursos futuros). Se se suspende o exame final unicamente deberá repetirse este.
Os alumnos/as que teñan matrícula parcial poderán realizar a práctica en titorías personalizadas.
O exame final realizarase en castelán, os estudantes que desexen facelo en galego deberán comunicalo ao profesor con 10 días de antelación á data do mesmo.