Será de obrigado cumprimento a asistencia a un mínimo do 70% das sesións da asignatura (60% no caso de estudantes con adicación a tempo parcial) para que o apartado de Probas de Valoración Motriz (35%), e o de Simulación (10%) podan ser sumados no cómputo xeral final. Unha vez que o 70% (60%) da asistencia sexa obtido, poderase sumar: a) O 35% da puntuación obtida nas Probas de Valoración Motriz, toda vez que 3 probas sexan superadas (5 puntos), ainda que a media final de todas as probas sexa menor de 5. b) O 10% do valor da Proba de Simulación, ainda que a puntuación sexa menor de 5 puntos.
No caso de non ter o 70% mínimo de asistencia (ou 60% nos estudantes con matrícula a tempo parcial) , esixirase unha media de 7 puntos nas Probas de Valoración Motriz para acadar o dereito a sumar esa porcentaxe (35%) na nota final.
As Prácticas a través de TIC non precisan asistencia para a súa avaliación.
A única parte da avaliación que é obrigatoria realizar (e aprobar) para sumar un mínimo de 5 puntos necesarios para superar a asignatura é a Proba Mixta. O resto pódese obter en función das decisións e organización dos e das estudantes. A calificación final (entre 0 e 10) virá determinada pola suma dos valores que poidan ser tomados en conta, e en virtude do anteriomente exposto. A asignatura estará superada ao acadar un mínimo de 5 puntos. Cada unha das partes superadas, incluida a asistencia, será mantida en sucesivas oportunidades, e en sucesivos anos (ata novo aviso en inicio de curso, ou previo cambio do sistema de avaliación). Os casos de lesión crónica ou transitoria, así como os de estudantes con discapacidade, serán tratados e resoltos individualmente polos profesores da asignatura.
En cada oportunidade, o non concorrer á proba mixta, en caso de que esta non fose superada previamente,
implicará a calificación do alumno como non presentado.
Non se contemplan probas de avaliación on-line pola natureza dos contidos.
Os exames da Proba Mixta (teóricos) serán entregados nas dúas linguas oficiáis da UDC.