A TOTALIDADE DOS ESTUDANTES subirán unha foto á plataforma moodle, na
primeira semana de clases do módulo
Os estudantes que non poidan asistir, polo menos ao 80% das clases, deberán
poñerse en contacto coa profesora para unha titoría na primeira quincena de
docencia, para informar da devandita situación.
O ALUMNADO QUE ASISTA A MENOS DUN 80% DAS CLASES SÓ TERÁ DEREITO A UN EXAME. O
exame divídese en dous partes: unha tipo test (que puntuará sobre 10) e
outra sobre supostos prácticos (que puntuará sobre 10). Para aprobar o
exame hai que ter aprobadas as dúas partes.
O alumnado asistente realizará unha proba tipo test que representa o 40% da
cualificación global. O resto da cualificación obterase coa realización dos
traballos de clase e o seguimento da metodoloxía establecida.
Para o alumnado con matrícula a tempo parcial establecerase unha modalidade de
avaliación específica que se concretará ao comezo da materia. Esta
modalidade incopora atención personalizada e seguimento das actividades
propostas e unha proba tipo test que terá un peso na cualificación do
40%. Na segunda oportunidade realizarase un exame con preguntas de
carácter teórico e práctico.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta as deficiencias
ortográficas de puntuación e acentuación, así como unha redacción
inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número de riscadas,
etc. Todo elo suporá redución de puntos sobre a nota obtida.