Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Subjects
  Vocational training and labour market
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A34 A18 C6 O alumnado elaborará un itinerario formativo basándose nun suposto práctico e incorporará a perspectiva de xénero ao mesmo 30
Student portfolio A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 O alumnado terá que entregar os traballos solicitados e facer un informe final das aprendizaxes adquiridas 40
ICT practicals C3 Consiste na ampliación do marcador social construído conxuntamente no resto das materias específicas do itinerario de FOL. Os criterios de avaliación serán o número de recursos e a categorización utilizada ( amplitude das categorias e subcategorías, e adecuación ás temáticas tratadas.)
recursos dixitais que terán que incluír serán os relativos a materia de Mercado Laboral e Formación Profesional, incorporando categorías e subcategorias de clasificación axeitadas.
5
Long answer / essay questions A16 A17 A18 A29 C4 C7 O alumnado desenvolverá un ensaio a partir dunha pregunta realizada 25
 
Assessment comments

ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. A asistencia xustifícase en base a que as clases son moi interactivas e trabállanse aspectos procedimentales e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia.  

O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado á clase.

As persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse á unha modalidade de avaliación específica. Para isto, fai falta solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisión e seguimento.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación: 1)Portafolio do alumnado (4 puntos); 2) Estudo de casos (3 puntos); 3) Proba de ensaio (3 puntos)

Para superar a materia é indispensable obter a metade da cualificación en cada unha das tres  actividades.

Se un/a alumno/a non  consegue o 80% da asistencia e/ou non presenta as tres actividades mencionadas, terá unha cualificación de non presentado na oportunidade de maio.

Na oportunidade de xullo deberán de presentarse as actividades de avaliación non superadas.

O portafolio do alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes apartados:
- Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, en que seguir formándome)
- Relación/vinculación das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no máster.
- Aspectos da materia  para observar no Practicum
- Reflexións sobre o traballo en grupo (estudo de caso) e aprendizaxes realizadas, avaliando o funcionamento do grupo e aos seus participantes.
- Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar

O estudo de casos é un traballo grupal que se expoñerá e entregarase documentalmente ao finalizar a materia

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS
https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes