Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
|
|
Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá | Código | 652608812 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Formando parte do seu traballo autónomo, os/as estudantes deberán ler os textos proporcionados ao comezo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta. |
Obradoiro | Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras. |
Proba mixta | Ao final de curso, na data oficial, as/os estudantes deberán realizar unha proba mixta de carácter teórico-práctico. |
Traballos tutelados | As profesoras propoñerán na segunda sesión uns temas de traballo, relacionados con algún aspecto da materia, para seren desenvolvidos en grupos polo alumnado. O resultado desta actividade será presentado oralmente ao conxunto da aula e submetido a debate na data marcada a principio do curso. Valorarase fundamentalmente a capacidade de reflexión e a orixinalidade das achegas, o rigor no tratamento do tema escollido, así como a clareza expositiva e expresiva. |
Actividades iniciais | Na primeira sesión do curso levaranse a cabo distintas actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar convenientemente a docencia da materia. |
Sesión maxistral | A modo de introdución aos distintos temas, desenvolveranse as directrices xerais dos contidos que conforman a materia. |
|