Portafolios do alumno |
A4 A5 C4 C6 |
Para avaliar o portafolios teranse en conta aspectos ligados á estrutura e contido deste.
a) Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e seguimento de normas de citación-referenciación.
b) Contido: comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre así coma outras de interese e a adecuada xestión das mesmas.
* Serán proporcionados criterios detallados no momento de entrega do traballo.
* A cualificación final deste traballo poderá ser diferente para cada integrante do pequeno grupo. Unha parte da puntuación respostará ao traballo que se realice de modo grupal; e outra, ás entradas individuais do diario.
* Ademais, para matizar a cualificación do portafolios valorarase o traballo realizado polo alumnado a nivel de pequeno grupo ao longo de todo o curso. |
70 |
Proba mixta |
A1 A5 A9 C4 C6 |
A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. |
30 |
- Nas presentacións orais ou escritas deberase atender a criterios de integridade académica (xestión adecuada de referencias bibliográficas e información de terceiras persoas); ademais procurarase o uso dunha linguaxe non discriminatoria.
- O mestrado ten carácter presencial. O alumnado que, por motivos comunicados á profesora ao inicio do
curso, non poda acudir ás sesións presenciais -ou ao finalizar estas teña unha asistencia inferior ao 80%- deberá realizar e entregar o
portafolios e as 5/6 actividades derivadas das lecturas de modo
individual no mesmo tempo e forma que o resto do alumnado. Este
criterio é aplicable ao alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga
uso de dita dispensa. - Se un/unha alumno/a cuxa
asistencia é regular non acude á clase o día de realización dalgunha
actividade, deberá desenvolvela e entregala individualmente. - O portafolios entregarase na data que se indique ao inicio do
curso. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter
presentado o portafolios e as 5/6 actividades de síntese das lecturas. - Coa fin de facilitar a xestión da materia e o seguimento do alumnado será obrigatoria -antes da segunda semana lectiva- a actualización do perfil persoal da plataforma Moodle, insertando unha foto actual.
- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación mínima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación ("portafolios do alumno" e "proba mixta").
- Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.
|