GRUPO
A:
1ª CONVOCATORIA. 1ª
OPORTUNIDADE
Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía da aprendizaxe en contextos
educativos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:
Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final
• Modalidade A.
Avaliación Continua. Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación
de tipo procesual consistente na realización dunha serie de actividades e
prácticas de cada tema realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas.
Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas
presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos no cuadrimestre
con ou sen xustificación, en caso contrario deberase optar pola modalidade B),
sendo imprescindíbel ademais a participación activa e continuada por parte do
alumnado no grupo de traballo na aula (no caso de non ser así contabilizarase
como unha ausencia). Esta avaliación levarase a cabo a partir da:
a/ exposición oral e presentación por escrito (vía moodle) das
actividades e prácticas grupais de cada un dos temas que suporán un máximo dun
40% da cualificación. Nas actividades poderá obterse até un 20%
da cualificación, sempre e cando nas sesións interactivas se participe
activamente na súa realización e na sesión de exposición oral para a súa
corrección estean todas realizadas. O 20% restante poderá obterse a partir da
realización e presentación das prácticas.
b/ proba do ensaio individual sobre os contidos
teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 60% da
cualificación.
Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentar
todas as actividades e prácticas propostas para cada tema e realizar a
proba de ensaio individual, obtendo en cada unha delas o 50% do peso da
cualificación e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% das
horas traballadas.
A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada
un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo. No caso de non
superar algunha das partes obrigatorias, a nota final será a nota da parte non
superada.
•
Modalidade B . Avaliación Final. Para aquel
alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais ou con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de
asistencia, a cualificación virá determinada por unha proba final escrita
dos contidos teórico-prácticos da materia.
1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE
- Na Modalidade A. Terase que repetir a parte obxecto de
avaliación en que non se acadou o 50% do seu peso na cualificación
- Na Modalidade B. A avaliación realizarase segundo o
sinalado para a 1ª oportunidade.
OUTRAS CONVOCATORIAS
Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B de Avaliación Final,
isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso
académico correspondente.
GRUPO B:
Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais.
Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (>85%):
- Coñecementos prácticos: Nas clases interactivas realizaranse as tarefas antes mencionadas en pequeno grupo e individualmente, constituíndo o 60 % da nota final. O alumnado terá que asistir ás clases interactivas para poder facer estas prácticas, e entregalas dentro dos prazos establecidos.
- Coñecementos teóricos: Mediante a Probade resposta múltiple avaliaranse os coñecementos teóricos, que constitúen o 40 % da nota final.
Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.
A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible.
Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%)
Só se poderán acoller a esta modalidade o alumnado:
* Que en aplicación da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016), se lle recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a correspondente dispensa académica quedarán eximidos da obrigatoriedade de asistencia as sesións interactivas.
* Así como o alumnado de Continuación de estudos na materia (repetidores).
pasando a súa avaliación a ser:
- Coñecementos prácticos: Como non pode asistir as clases interactivas terá que realizar as tarefas individualmente dentro dos prazos establecidos. Estas prácticas constitúen o 33,34 % da nota final. Para a 2ª oportunidade (xullo) todos os traballos terán que ser entregados 7 días naturais antes da data oficial de exames.
- Coñecementos teóricos: O alumno terá que facer dúas probas ou exames para avaliar os coñecementos teóricos. Mediante a Proba de resposta múltiple, antes comentada, obterá o 33,33 % da nota final. E mediante unha Proba de resposta breve de 10 preguntas obterá o restante 33,33 %. Terá que superar as dúas partes para ter superada esta parte.
Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final.
A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das tres partes se obteña o 50% da puntuación posible
NOTAS Grupo B.
- En caso de suspender algunha das dúas partes (teórica ou práctica) a cualificación final da materia nas actas será de 4.
- A cualificación de No Presentado darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas.
- No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres o responsable da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco).