Primeira oportunidade
(xuño): A cualificación nesta oportunidade farase en función dos resultados
obtidos nas seguintes avaliacións parciais:
• Sesións interactivas e actividades prácticas de
campo/laboratorio: a asistencia a estas actividades é obrigatoria. Se
globalmente a asistencia é inferior ao 80% a cualificación neste apartado será
0.
• Traballos tutelados. Serán avaliados dous traballos
presentados nas datas fixadas ao longo do curso. A nota neste apartado será a
media ponderada, no seu caso, das cualificacións obtidas en cada un deles.
• Proba escrita individual dos resultados da aprendizaxe.
Poderanse facer unha ou dúas probas, no segundo caso a primeira abarcará a metade da materia e a segunda
coincidirá coa convocatoria de exame final fixada pola facultade.
- Os alumnos/as que
superen a primeira proba (primeiro parcial con cualificación de 5 ou superior)
poderán presentarse só ao exame do segundo parcial, na data establecida no
calendario oficial da Facultade. A cualificación da proba escrita destes estudantes
será a media aritmética das notas obtidas en cada parcial. O aprobado estará
condicionado a que a nota de cada parcial sexa igual ou superior a 5.
- Os alumnos/as que no primeiro parcial teñan cualificación
inferior a 5 deberán realizar unha proba final na devandita data, que incluirá
toda a materia. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará
condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques.
- Os alumnos/as que non teñan aprobado (con cualificación 5
ou superior) os traballos tutelados e/ou as actividades
interactivas/laboratorio deberán realizar, na data oficial de xuño, unha segunda proba escrita específica e individual
relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba será a súa cualificación de
xuño nos apartados de sesións interactivas/laboratorio e traballos tutelados.
Para obter a cualificación de
aprobado na materia nesta oportunidade
de xuño será imprescindible obter unha nota de 5 en cada apartado (sesións
interactivas/laboratorio; proba escrita; traballos tutelados). Cumprida esta condición a nota final será a
media ponderada das cualificacións dos distintos apartados. A cualificación dos
estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada dos
apartados suspensos.
Segunda oportunidade (xullo): O alumnado que asistiu ao 80% das
actividades interactivas/laboratorio e que ten aprobados os traballos
tutelados, pero non superou a proba escrita individual de avaliación dos
resultados da aprendizaxe, deberá realizar esta proba nas datas oficiais de
xullo. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada
a que se aproben os contidos de cada un dos bloques.
O alumnado que non teña aprobado
(con cualificación 5 ou superior) en xuño os traballos tutelados e/ou as
actividades interactivas/laboratorio deberá realizar, na data oficial de xullo,
unha proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos. O alumnado
que non superara en xuño nin os traballos tutelados e/ou as actividades
interactivas/laboratorio, nin a proba individual escrita terá que realizar
todas as probas antes mencionadas na convocatoria de xullo. Para obter
cualificación de aprobado na oportunidade de xullo é necesario ter superado con
nota de 5 ou superior cada unha das partes (a proba escrita individual e os
traballos tutelados/actividades interactivas-laboratorio). A nota final será a
media ponderada das cualificacións dos devanditos apartados. A cualificación
dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada das
notas suspensas.
NORMAS ESPECÍFICAS DE
AVALIACIÓN PARA:
Alumnado con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial, segundo o establecido na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao" na UDC
(29/05/2012):
1.
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2.
Terá dereito
preferente a elixir grupo cando haxa horarios diferentes
nas sesións interactivas.
3.
O resto da avaliación
rexerase polo que establecen as "normas xerais de avaliación" desta
guía docente.
Alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica que lles exime da asistencia á clase segundo o establecido na
"Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de
Grao" na UDC (29/05/2012):
1.
Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase.
2.
A cualificación final
na primeira convocatoria (maio/xuño) será o resultado das cualificacións obtidas
nos seguintes apartados:
- Sesións interactivas
(actividades prácticas de laboratorio e de lapis/papel). O alumnado debe
realizar de xeito individual (sen obriga de asistir a clase) as sesións
interactivas das que consta a asignatura, tendo que cumplir obrigatoriamente
un calendario de entregas que o docente lle dará durante o primeiro mes de
clases, unha vez que o alumnado lle
presente o certificado de recoñecemento de matrícula a tempo parcial e
dispensa académica. A cualificación deste apartado está condicionada
á entrega por parte do alumno das prácticas e seminarios. Non se terán en
conta os traballos entregados fóra de prazo. (100% de entregas: 1
punto; máis de 93%: 0,75; entre 86%-92%: 0,5; entre 80-85%: 0,25; menos de
80%: 0). - Traballos
tutelados. O alumnado terá que realizar, obrigatoriamente e de forma
individual, dúas actividades academicamente dirixidas (AAD) e terá que
entregalas segundo o calendario establecido. A cualificación deste
apartado será a media das cualificacións obtidas en cada traballo. (ata 3
puntos). Para que se teñan en conta as cualificacións destas dúas
actividades, é requisito imprescindible ter entregado polo menos o 80%
das sesións interactivas. - Proba
individual global de avaliación dos resultados de aprendizaxe sobre os
contidos das expositivas e as interactivas. Realizarase na data
establecida no calendario oficial da Facultade. (ata 6 puntos).
Para obter unha cualificación de
aprobado, é imprescindible ter entregado polo menos o 80%
das sesións interactivas, e obter unha media de polo menos 5 sobre 10
tanto nos traballos tutelados como na proba individual global. A cualificación
total no caso de superar a materia farase en base á media ponderada de cada un
dos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a
materia será a media ponderada dos apartados suspensos.
No caso de que o alumno entregara
polo menos o 80% das sesións interactivas e non acade o aprobado, a
súa cualificación corresponderá á parte suspensa.
Os alumnos/as que non teñan aprobado (con cualificación 5 ou
superior) os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/laboratorio
deberán realizar, nas datas oficiais, unha segunda proba escrita específica e individual
relacionada cos mesmos. A nota desta segunda proba será a súa cualificación dos
apartados de sesións interactivas/laboratorio e traballos tutelados.
A
avalíación para a "segunda oportunidade (xullo)" será exactamente a
mesma que a que aparece nas "normas xerais de avaliación" desta guía
docente.
NOTA
1: A cualificación das sesión interactivas e traballos tutelados só se garda
durante un curso académico.