Aprendizaxe servizo |
A5 A7 A8 A9 A14 A20 A21 B3 B5 B6 C3 C7 |
Avaliarase a calidade do servizo realizado así como as aprendizaxes desenvolvidas durante o proceso, a través do diario de campo que cada grupo deberá realizar de cada unha das derivas / saídas de campo, e dun breve informe de autoavaliación final.
O servizo será avaliado polo profesorado implicado e por parte da entidade colaboradora (ASF), no que respecta a:
- Información recollida na cartografía social.
- Imaxes do dereito ao hábitat seleccionadas.
- Textos elaborados para cada imaxe. |
50 |
Presentación oral |
A14 B6 C3 |
A presentación e defensa do Programa de Acción Socioeducativa será avaliado pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación), e polo propio grupo (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre eles: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a coherencia no discurso, a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); e o uso de recursos.
A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo. |
10 |
1.- A asistencia e participación nas sesións de aula e actividades prácticas sinaladas considéranse obrigatorias nunha universidade presencial como é a Universidade da Coruña. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas (de saúde, laborais ou de conciliación), non podan ter unha asistencia sistemática (por encima do 85%), poderán optar a unha modalidade de avaliación específica, sempre que o comuniquen á docente en horario de titorías para a súa oportuna e axeitada consideración. Nestes casos, establécense as seguintes actividades de avaliación: Ensaio reflexivo (30%); Proba de ensaio (70%). As pautas e criterios de avaliación están recollidas no documento de avaliación colgado no Moodle. 2.- O cómputo global da nota final require que a aprendizaxe servizo (ou proba de ensaio) e a simulación (ou ensaio reflexivo) obteñan unha cualificación de aprobado (5). En caso contrario, só figurará na cualificación final a correspondente ao exame. As actividades superadas só se gardarán durante a convocatoria anual. 3.- Todos os traballos presentaranse en formato dixital (PDF) a través do Moodle. Non se aceptará ningún traballo do que a docente non teña constancia da súa realización. 4.- O alumnado que, tendo recoñecida a condición de estudante a tempo
parcial e solicitara no Decanato a dispensa académica -tal como se
establece na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia ea
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na
Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e as metodoloxías de avaliación.
|