Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química | Código | 610G01036 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A15 A11 B2 B4 B7 | Durante os seminarios profundizaráse nos aspectos teóricos mediante a resolución de exercicios que serán entregados previamente ó alumno. Á finalización de cada parte diferenciada da materia realizaráse unha proba, na que os alumnos terán que resolver, e entregar, problemas que se lles presentarán ó inicio da sesión de seminario. Cando a cualificación destos exercicios resoltos sexa como mínimo de 5, esta parte da materia poderá ter carácter liberatorio da mesma na proba mixta da primeira oportunidade. |
0 |
Proba mixta | A1 A5 A15 B4 B2 C1 | Realizarase unha proba mixta escrita de toda a materia. que contemplará cuestións teóricas e prácticas. Esta proba ten carácter obrigatorio, sendo puntuada de 0 a 10 puntos, proporcionalmente. Para computar na nota final será preciso ter alomenos catro puntos na mesma. |
70 |
Traballos tutelados | A22 A28 B4 B5 C1 C3 C4 | Durante o curso ó alumnado elaborará e presentará por escrito, un pequeno estudo/proxecto en equipos reducidos. Avaliaranse a claridade de contidos, a presentación da memoria e a súa defensa en sesión presencial, a capacidade de discusión de resultados e a redacción da memoria. Avaliarase así mesmo todo o proceso de elaboración do traballo, con especial atención á capacidade de traballo en grupo e de iniciativa individual. A elaboración deste proxecto é de carácter obrigatorio, non sendo posible supera-la materia sen a realización e presentación do mesmo dentro dos prazos fixados no seu momento. | 30 |
Observacións avaliación | |||
A proba mixta consistirá na resolución de problemas tratados durante o curso. A nota desta proba sumarase á cualificación obtida no traballo tutelado durante o curso. Para supera-la materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 5, ter elaborado e entregado o traballo tutelado e acadar, sumadas as cualificacións da dúas actividades, unha nota promedio mínima de 5. De non acadarse dita puntuación mínima na proba mixta e/ou non ter presentado o traballo tutelado, e a suma das cualificacións de tódalas actividades fora de 5 ou superior, a materia figurará como suspensa (4,5). Para obte-la cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en ningunha das actividades avaliables programadas. Na segunda oportunidade os alumnos serán avaliados de toda a materia independentemente da cualificación dos seminarios. Nesta segunda oportunidade os alumnos só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se tiveran cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volve comezar cun novo curso , incluídas tódalas actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso. No caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación dos seminarios se substituirá pola obtida nas titorías personalizas. |
|