Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Hixiene Naval e Riscos Laborais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A metodoloxía docente nos temas teóricos baséase fundamentalmente en clases expositivas apoiadas por medios audiovisuais. Nos temas en que é posible o debate, que en ocasións xurdirá de xeito espontáneo, fomentarase e a profesora exercerá o papel de moderadora.
Simulación Nos temas prácticos o alumnado aprende a adquirir as habilidades descritas no programa sempre que for posible. Nos temas en que é imposible o acceso aos tipos de lesións que se describen, as prácticas levaranse a cabo co apoio de medios audiovisuais e simulacións en maquetas.
Traballos tutelados Preparación de traballos e representacións (orais, debates...), lecturas recomendadas etc.
Achegará o 10% da cualificación final.
Proba obxectiva
Avaliación dos coñecementos e a comprensión dos contidos básicos da materia, tanto teóricos como prácticos.
A parte teórica achegará o 60% da cualificación e a parte práctica o 30%. O exame final terá carácter obrigatorio para aquel alumnado que non participe da avaliación continua da materia ao longo do curso.
Seminario Resolución de exercicios, conclusións ou outros traballos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes