Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Animación e xestión sociocultural |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Animación e xestión sociocultural | Código | 652G03017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Discusión dirixida | B6 | Enténdese a cantidade (asiduidade) e calidade da participación (implicación no desenvolvemento das clases) do alumnado | 40 |
Proba mixta | A9 B2 | Constará dun exame sen material respostando aos contidos vinculados á materia. Será un exame con dúas ou tres preguntas, unha delas a desenvolver e as outras de carácter máis conciso e breve | 60 |
Observacións avaliación | |||
As persoas que non cumpran un mínimo dun 80% das sesións de clase, de querer superar a materia deberán: Todos os traballo e o seu xeito de presentalos, deberán ser consensuados co profesor (soporte, prazos...). A nota principal será sempre o exame, mais a presenza e implicación na clase, será moi tida en conta polo profesor. O alumnado que, tendo recoñecida a súa condición de estudante a tempo parcial, solicitará no Decanato a dispensa académica e abordará dita situación personal co profesor nunha titoría concertada. Con carácter VOLUNTARIO, a materia oferta unha experiencia de APRENDIZAXE POR SERVIZO ou VOLUNTARIADO SOCIOCULTURAL. Será por un número limitado de prazas para aquel alumnado que así o solicite libremente. Os destinos serán o Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa e varias librarías da cidade. O alumnado comprométese a acudir preferentemente fóra do horario de clases do Grao a ditos equipamentos ou servizos para aprender o que alí desenvolven, realizar prácticas e mesmo desenvolver servizos que o citado destino non oferta. Como resultado desa estadía do 1 de febreiro ao 30 de abril, o alumnado será avaliado en base a un informe do titor/a, unha memoria, participación na clase e proba mixta. Os criterios de avaliación da proba mixta serán: a) Respostar ao que se pregunta. b) Expresarse correctamente sen faltas de ortografía c) Acompañar o argumentario da resposta con citas bibliográficas |
|