Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE DO MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XERO:
- A entrega dos traballos que se realicen será a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- Nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.
- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |