Consideracións xerais:
O alumno disporá de dúas
oportunidades oficiais para superar a materia (ver calendario en http://www.usc.es/gl/titulacions/masters_oficiais/neurosci/).
A cualificación de Non
Presentado aplicarase unicamente no caso de que o alumno non se presentase nalgunha das oportunidades oficiais existentes.
Aspectos e criterios de avaliación:
- Alumnado con dedicación completa e alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
Na oportunidade de final de cuadrimestre teranse en conta, para o cómputo da
cualificación global, os distintos apartados recollidos no sistema de
avaliación: a) realización dunha proba mixta sobre os contidos da materia,
representando o 50% da cualificación final, b) a realización e
presentación do traballo nos seminarios suporá o 40% da cualificación final, e c) a participación activa na sesión de discusión/debate suporá o 10% da cualificación
final.
Na segunda oportunidade poderase/n
recuperar a/s parte/s non superada/s, exame (proba mixta) e/ou traballo, representando cada
unha destas o 50% da cualificación final.