Para superar a materia será necesario obter, sumadas as
cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima do 50% do
total e un 50% da proba obxectiva. Para obter a cualificación de "Non presentado", será suficiente que
o alumno non participe na proba obxectiva e non ser avaliado nos
Traballos tutelados en mais dun 50%. Na proba de segunda oportunidade o
criterio para superar a materia será o anterior ou ben obter unha nota
non inferior ao 50% na proba obxectiva. O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a
avaliación, refírese a un curso académico, e por tanto polo que se refire a sucesivos
cursos académicos, volveríase a comenzar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos
de avaliación que fosen programados para o devandito curso; no entanto
permítese solicitar manter a cualificación de prácticas dun curso
anterior.
Os alumnnos matriculados en réxime de tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
poden ser avaliados de maneira personalizada no referente ás
metodoloxías de Sesión maxistral, Solución de problemas e Traballos
tutelados. Os alumnos matriculados en réxime de tempo parcial é
obrigatorio presentarse á proba obxectiva, así como ás probas parciais
ao longo do curso. Para a primeira e segunda oportunidade, os criterios
de avaliación para este alumnado son os mesmos que para os outro,s e a
porcentaxe de dispensa de asistencia será do 80%.
A Proba obxectiva é igual para todos os alumnos.
Teñen prioridade na concesión de matrícula de
honra os alumnos de primeira oportunidade.