Guest lecture / keynote speech |
Sesións de aula nas que durante os primeiros días do curso, abordaránse parte dos contidos do Bloque I. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, por ser en grupo reducido, requerirase nelas a participación activa do alumnado. |
Workshop |
Os obradoiros son sesións de traballo en grupo reducido que se planifican para traballar os contidos do Bloque II, relacionados cos procesos básicos nun laboratorio químico, e que terán lugar antes de comezar coa realización das prácticas no laboratorio. Cada práctica deste bloque levará asociado un guión que conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos teóricos de cada experimento, e nos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade. Estes aspectos deberán ser traballados con antelación polos estudantes e recollidos nun Traballo Previo, e serán discutidos cos seus compañeiros e co profesor no Obradoiro, antes do comezo de cada experimento, de modo que o profesor determinará se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poidan proceder a realizar, con seguridade e aproveitamento, o traballo experimental.
O rematar o período de prácticas levarase a cabo un obradoiro de repaso en grupo reducido, onde o profesor proporá aos alumnos unha tarefa que será avaliable, para repasar e afianzar os conceptos traballados durante o curso, que posteriormente será discutida en grupo baixo a supervisión do profesor.
Durante algúns destes obradoiros realizaranse probas intermedias de respostas curtas, cálculos numéricos ou de tipo test, que axudarán ao alumno e ao profesor a comprobar que se comprenderon os contidos tratados en clases anteriores.
|