Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Química |
Asignaturas |
Química Inorgánica 1 |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Química Inorgánica 1 | Código | 610G01021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B3 C1 C3 | Durante algunhas destas clases poderanse realizar, probas intermedias de respostas curtas ou de tipo test, que axudarán, ao alumno e ao profesor a comprobar tanto que se levou a cabo con aproveitamento a lectura recomendada, coma que se comprenderon os temas tratados en clases anteriores. Tamén se suxerirá a realización de traballos curtos sobre aspectos da materia tratada nas clases. | 5 |
Solución de problemas | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B1 B2 B3 B4 C1 C3 | O profesor valorará tanto as respostas ás cuestións do boletín como a participación activa no debate cos outros compañeiros. Déixase aberta a posibilidade de realizar probas de respostas curtas ou probas de tipo test durante estas clases. |
10 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A21 A24 B2 B3 B4 C1 | Proba escrita que se levará a cabo, ao final do semestre, no horario aprobado en Xunta de Facultade. | 60 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A15 A16 A18 A21 A22 A24 A25 B1 B2 B3 B4 C1 C3 | Mediante as Titorías asociadas aos traballos tutelados, o profesor, ademais de orientar o alumno, avalía todos os aspectos relativos á preparación teórica das prácticas e aspectos experimentais ou de seguridade no traballo. Dada a súa importancia, o alumno non poderá comezar o traballo no laboratorio ata que realice de forma axeitada esta preparación previa, deste xeito garántese que o traballo no laboratorio se vai realizar de forma segura para o alumnos e para todos os que comparten o laboratorio con el. |
10 |
Prácticas de laboratorio | A1 A3 A4 A5 A6 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 B1 B2 B3 B4 C1 C3 | Avalíase o traballo no laboratorio dende os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e técnica do seu emprego, habilidade manual, conalicerce das operacións básicas de laboratorio e, especialmente, a capacidade para comprender os procesos levados a cabo á luz da preparación previa. Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio. |
15 |
Observacións avaliación | |||
Tendo en conta os criterios mencionados, cualificarase cada metodoloxía segundo as seguintes puntuacións:
Cualificación obtida nas Sesións maxistrais e as Clases de solución de problemas: ata un máximo de 1,5 puntos. Esta cualificación será modificada por un coeficiente corrector en función da asistencia que se aplicará independentemente para cada tipo de actividade e serán os seguintes: 1 para asistencias superiores ao 85%; 0,5 para asistencias entre o 85% e o 70%; 0,25 para asistencias entre o 70% e o 50% e 0 para asistencias inferiores ao 50%. Os alumnos en réxime de estudos a tempo parcial por traballo ou por outros motivos xustificados deberán de falar co profesor na primeira semana de curso para substituír o réxime presencial por outro tipo de actividades cualificables igualmente con 1,5 puntos. Estas actividades indicásense nun plan individual de traballo que se entregará ao alumno. Cualificación obtida nos Traballos Tutelados e as Prácticas de laboratorio: ata un máximo de 2,5 puntos. Cualificación obtida na Proba mixta: ata un máximo de 6 puntos. A cualificación final será a suma das anteriores. Para aprobar a materia, en ambas oportunidades, será necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos en total, debendo cumprirse ao mesmo tempo a condición de ter obtido un mínimo dun 40% da cualificación do apartado 2 (Traballos Tutelados e Prácticas de laboratorio) e un mínimo dun 45% da cualificación do apartado 3 (Proba mixta). En caso de que o alumno non alcanzase a devandita puntuación mínima para cada unha delas, aínda no caso de que puntuación total sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a materia figurará na acta como suspensa (4,5). Ademais, para aprobar a materia será obrigatorio ter asistido a todas as clases de laboratorio, incluidos os alumnos en réxime de estudos a tempo parcial para os cales, na medida do posible, tratarase de axeitar o horario ás suas necesidades. Obterán a cualificación de No Presentado, os alumnos que realicen un 20% ou menos das actividades avaliables, e decir actividades que sumen menos dun 20% calificación final. As cualificacións das actividades realizadas durante o curso (Sesións maxistrais e as Clases de resolución de problemas, Traballos Tutelados e as Prácticas de laboratorio) conservaranse na "segunda oportunidade de xullo". En canto á cualificación da proba mixta de Xullo, esta substituirá a obtida en "a primeira oportunidade". Para a segunda oportunidade aqueles alumnos que suspendesen as prácticas de laboratorio poderán completar a libreta de laboratorio nos aspectos referentes a preparación previa, realización de cálculos, cálculo de rendemento e análise dos resultados para mellorar a súa cualificación. Non son modificables a cualificación do diario de laboratorio nin o referente ao traballo no laboratorio. Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade". Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e polo tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación programados para o devandito curso. Atendendo as necesidades de laboratorio o coordinador da asignatura poderá propoñer aos alumnos que superasen as practicas no curso anterior cunha cualificación superior a que se estableza que, si o desexan, poderán manter a cualificación de prácticas quedando exentos da súa realización, estos alumnos poderán optar en todo caso por realizar de novo as prácticas. |
|