Esta é unha materia eminentemente experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais do curso é obrigatoria.
Primeira oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. En cada unha das partes avaliables requerirase obter un mínimo do 40% da puntuación máxima posible para esa parte. Para que se teñan en conta as calificacións das distintas actividades suxeitas a evaluación é preciso obter unha calificación mínima de 4/10 ptos. Por tanto, de non acadarse dita puntuación mínima nalgunha delas a asignatura figurará como "suspenso". No momento en que o alumno comence o traballo presencial de prácticas de laboratorio considerarase que escomezou o proceso de avaliación, e por tanto a súa cualificación non poderá ser "non presentado".
Segunda oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. O alumno será avaliado mediante unha proba obxectiva (que computará por un máximo de 2.5 puntos), e unha proba práctica de laboratorio (que computará por un máximo de 7.5 puntos). A proba práctica consistirá na preparación e execución dunha práctica de laboratorio seguindo os mesmos criterios detallados no apartado "metodoloxía", coa única salvedade de que a preparación previa non será titorizada. Dada a importancia da preparación previa, se esta se realiza de maneira inadecuada o alumno recibirá a cualificación de suspenso antes de comezar o traballo de laboratorio. O alumno está exento de realizar a proba práctica na segunda oportunidade se obtivo un mínimo de 4 ptos na calificación de "Prácticas de Laboratorio" na primeira oportunidade.
Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se esgotasen na primeira oportunidade.
Respecto aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensinanza-aprendizaxe, incluída a evaluación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volve comezar cun novo curso académico, incluindo todas as actividades e procedementos de evaluación que se programen para dito curso.
NOTA: "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia": Primeira e Segunda oportunidades: Están exentos de asistencia as clases de DE y TGR pero deberán realizar a "proba mixta" e obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) para superar esta actividade.As prácticas de laboratorio son obrigatorias e computan como no caso de alumnos con dedicación total.