A asistencia á sesión
de presentación, as prácticas de laboratorio, as entrevistas e o exame son
obrigatorios. Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación maior
ou igual que 5 e un rendemento mínimo do 50% en cada unha das actividades. Os estudantes
cuxo rendemento media non supere 5 puntos e que non cumpran co rendemento
mínimo en calquera das actividades serán avaliados como "non aptos" e
recibirán a cualificación obtida. Só se cualificará como "non
presentado" os estudantes que participaran en actividades que sumen menos
do 25% de la calificación final.
As cualificacións
obtidas nas entrevistas e nas prácticas de laboratorio manteranse na segunda
oportunidade de xullo de 2019. Na segunda oportunidade, os estudantes que non
superaren a avaliación continua do traballo práctico no laboratorio deberán
realizar un examen práctico no laboratorio. Os estudantes que superaren a avaliación
continua do traballo práctico no laboratorio deberán realizar unha proba mixta escrita
para establecer o 30% da nota.
De
acordo coa normativa académica, os estudantes avaliados na segunda
oportunidade, só poderán optar a Matrícula de Honra se o número máximo destas
non se completou na primeira oportunidade.
O proceso de ensino e
aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un ano académico e comeza con
cada ano académico, incluíndo todas as actividades e procedementos de
avaliación programados para ese curso.
No caso de alumnado
con recoñocemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de
exención de asistencia, o Profesor Responsable podería eximir total ou
parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación
continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un
examen específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias
propias da materia nas duas oportunidades.
A asistencia á sesión de presentación, as prácticas de
laboratorio, ás entrevistas e ao exame son obrigatorias. Para superar a materia
será necesario obter unha cualificación media maior ou igual a 5 puntos sobre
10 e un rendemento mínimo do 30% en cada unha das actividades. Os alumnos cuxo
rendemento medio supere 4,9 puntos e que non alcancen o rendemento mínimo
nalgunha das actividades, serán avaliados como "non aptos" e recibirán a
cualificación de 4,9. Só outorgarase a cualificación de "non presentado" aos
alumnos que realizasen menos do 25% do total das actividades avaliables que se
programan na guía docente.
As cualificacións obtidas nas entrevistas e nas prácticas de
laboratorio manteranse na segunda oportunidade de xullo de 2015. Na segunda
oportunidade, os alumnos poderán presentarse a unha nova avaliación da proba
mixta para establecer o 30% da cualificación, na data e o horario establecida
pola Xunta de Facultade. Os alumnos que opten pola nova avaliación deberán
porse en contacto co profesor de maneira previa á realización do exercicio para
coñecer o contido da práctica que deberán expor. De acordo coa normativa
académica, os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán
optar a Matrícula de Honra se o número máximo destas non se completou na súa
totalidade na primeira oportunidade
Polo que respecta aos sucesivos cursos académicos, o proceso de
ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e por
tanto volve comezar cun novo curso académico, incluíndo todas as actividades e
procedementos de avaliación que se programen para devandito curso.