A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para superar a materia. A asistencia poderá convalidarse, previa solicitude, pola xa realizada no curso inmediatamente anterior. Se non se realizan prácticas o alumno terá que superar un exame que demostre a súa capacitación práctica. Ademáis da asistencia a prácticas, para a súa cualificación valóranse as competencias adquiridas mediante un exame de prácticas independente da proba mixta.
A asistencia é participación nos grupos reducidos (resolución de problemas) valóranse mediante o seu traballo nos grupos, elaboración de esquemas e controis.
Para poder aprobar a materia é necesario ter polo menos un 35% da puntuación do exame global (proba mixta). A partir deste valor suman as puntuacións do resto das actividades. Por baixo deste valor a cualificación máxima tras sumar as puntuacións das actividades só poderá ser de 4. Para obter un Non Presentado os alumnos nos poden participar en máis dun 10% das actividades avaliables.
De face á cualificación de Xullo poderanse conservar as notas das partes aprobadas en xaneiro e presentarse só ás partes pendentes. Alternativamente, en xullo pódese recuperar o 100% da nota da materia cos exames de prácticas (15%) e proba mixta (85%).
Para os alumnos con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, na convocatoria de Xaneiro e Xullo haberá un exame específico de avaliación global.