Dado que o máster
contempla a aprendizaxe tanto presencial como a distancia, os/as estudantes
deben asistir ás sesións na aula de clases, a menos que solicitasen e obtivesen
a exención oficial da devandita asistencia. Neste caso, a avaliación realizarase
da seguinte maneira: participación a través de canles como correo electrónico, foros
de discusión, plataforma virtual, etc. (10%); exame oral ou escrito (20%);
outras formas de traballo escrito (50%); e presentación oral, xa sexa en vivo ou
gravada (20%).
Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.
Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.
Como di a guía común, as competencias totais a adquirir nesta materia son: CB6, CB7, CB9,
G01, G02, G04, G05, G06, G08, G09, G10, E09, E10, E11