Dado o carácter semi-presencial do título, a
asistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma e
concedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando
as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no
título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías
docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida
ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.
Quen
teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de
permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade
de xullo.
Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.
Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.
Máis sobre os plaxios
Nesta asignatura podería empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones na avaliación.