OBSERVACIÓNS á AVALIACIÓN
Dado o carácter semi-presencial do título, aasistencia é obrigatoria, salvo dispensa solicitada en tempo e forma econcedida pola Comisión Académica Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a determinadas sesións presenciais.
Quen teña concedida dispensa académica, e como establece a Normativa de Permanencia da universidade, será avaliado cun traballo individual de investigación (80%) e exercicios eactividades relacionados cos contidos da materia (20%).
Quen non leve acabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto dasactividades, obterá a cualificación de Non Presentado.
Quen non aprobe na primeira oportunidade terá a posibilidade da oportunidade de xullo, na que cadaestudante terá que demostrar adquirir as competencias da materia mediante dúas metodoloxías de avaliación: un traballo tutelado do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade (60 + 20 =80%), máis os exercicios convidos que poidan suplir o resto das actividades (20%):
- Traballo escrito e individual de investigación: entrega o día da proba marcada no calendario para o exame da segunda oportunidade.
- Presentación oral do traballo tutelado de investigación: o día do exame da segunda oportunidade
- Exercicios baseados nas lecturas recomendadas e a temática tratada nesta materia: entrega o día do exame da segunda oportunidade.
Importante. Calquera indicio de PLAXIO resultará no suspenso para o alumno nesta materia.
- Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións detexto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. É unha boa ferramenta para detectar o plaxio. O seu uso é opcional, pero deberá advertirse ao estudantado na guía docente xa que pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese, entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa Académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones avaliación.
- Con este aviso, quedan advertidos das consecuencias académicas.