Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Subjects
  Literature and Gender (Galician and Portuguese Studies)
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A14 A13 A12 A8 A6 A5 A4 A2 A1 B6 B8 B10 B3 C1 C4 C7 C6 Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. 20
Events academic / information A1 A2 A5 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C4 C7 C5 O alumnado deberá participar activamente con preguntas e/ou reflexións no encontro co/a investigador/a invitado/a. 10
Workbook A1 A2 A5 A6 A14 A8 B5 B7 B10 B3 C2 C3 C5 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do propio alumnado na aula e no encontro científico. 10
Supervised projects A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A12 B4 B6 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal (ou, alternativamente, na exposición oral dese traballo) que versará sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva.

60
 
Assessment comments

O alumnado con dispensa académica, matrícula semipresencial ou calquera outra circunstancia excepcional deberá poñerse en contacto coa profesora (ben durante o horario de tutoría, ben a través do correo electrónico: carme@udc.gal)para fixar as condicións da súa avaliación.

SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO)

Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, ou que no se presentase á avaliación ordinaria, contará cunha avaliación extraordinaria no mes de xullo. Para superar a materia terá que realizar unha prueba mixta para avaliar as lecturas (20%) e presentar un novo traballo/ensaio (80%).

OUTRAS PRECISIÓNS

Todas as actividades ou probas
deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado en Moodle). 

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes