O alumnado con dispensa académica, matrícula semipresencial ou calquera outra circunstancia excepcional deberá porse en contacto coa profesora a través do correo electrónico (laura.tato@udc.gal) ou durante o horario oficial de titoría para fixarmos as condicións da súa avaliación.
Na segunda oportunidade o alumnado terá que entregar o mesmo cartafol que na primeira.
Sera considerado NON PRESENTA/O quen non realice o 50% dos traballos.
Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle)
Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).