O alumnado terá de entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado.
Todas as actividades ou
probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística
(ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións,
precisión léxica, rexistro formal…); no caso dedeficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento
"Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección
de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).
As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto co profesor para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán pórse en contacto co profesor aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes aos da dispensa académica.
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.
As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos solicitados polo profesorado (fichas das obras de lectura obrigada [25%] e traballo tutelado [25%]) e superar a proba mixta [50%]. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.