Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Lingua Galega e Comunicación Oral |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Galega e Comunicación Oral | Código | 613G02021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro | Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de textos orais de carácter dialectal, o comentario fonético de textos de tipoloxía variada, as prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, a resolución de problemas, as discusións dirixidas, probas de varia tipoloxía e estudos de casos. |
Lecturas | Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualemente, fornecidas polo profesor. Delas derivaranse resumos e recensións orais por parrte do alumnado nas aulas e ocasionalmente tamén por escrito. |
Traballos tutelados | Cada estudante deberá elaborar un traballo tutelado relacionado coa oralidade, en que se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. O título concreto e o seu desenvolvemento deberán ser acordados co profesor. Deste traballo derivará unha presentación oral. |
Presentación oral | Cada alumno ou alumna realizará unha presentación oral do "Traballo tutelado" e outras exposicións orais relacionadas co "Obradoiro". |
Proba mixta | Trátase dunha proba escrita que recollerá actividades en que se avalíen os contidos do curso (actividades de carácter ensaístico, transcrición fonético-fonolóxica, comentario fonético de textos etc.). |
|