Para superar a materia, a suma dasdistintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/aestudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados deavaliación. A participacióndinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de"extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre,poderá supoñer ata un 5% extra na notafinal. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calqueraoutra actividade proposta polo profesorado ou polo alumnado e aceptada por ambos.
PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como o TURNITIN que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). TURNITIN recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.
ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/esestudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unhadispensa académica, como establece a Normativa de permanencia destauniversidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmoscriterios que para a segunda oportunidade (xullo).
CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teñarealizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliaciónacadará a cualificación de NP.
AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: 40% da proba mixta (semellante ao exame final de xuño), 50% de proba de ensaio, e mais 10% de actividades dirixidas (exercicios escritos).
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro (Facultade de Filoloxía) para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de e-mail adi@udc.es.