Na oportunidade de xullo os alunos/as realizarán un traballo sobre os textos de estudo (4-6 páxinas e 50% da nota) e o exame (50% da nota).
Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que presentar ningun traballo adicional.
A aplicación Turnitin sera utilizada para verificar a orixinalidade dos traballos. Turnitin detecta citas incorrectas,
plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra
o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario). Turnitin
recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a
propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais
localizados en Internet.
Os alumnos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado se non entregaron mais do 50% das actividades avaliables durante o curso.
Segundo as directrices do Vicerreitorado de Organización Académica e Titulacións, os alunos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo, figurarán coa nota de "suspenso".
Os alumnos/as oficialmente matriculados a tempo parcial e que teñan concedida unha dispensa académica como establece a normativa de permanencia desta Universidade, serán avaliados en calquera oportunidade segundo os criterios especificados para a segunda oportunidade.
Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de decembro availaranse segundo as normas da oportunidade de xullo.