Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Subjects
  Professional Use of Galician
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C4 O profesorado encomendará un traballo tutelado, que será realizado de forma colaborativa por grupos de até 3 persoas. No traballo aplicaranse os coñecementos adquiridos sobre lingua galega a algún proxecto relacionado coa comunicación audiovisual.
40
Workshop A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 Ao longo do cuadrimestre serán realizados diferentes exercicios prácticos na sesións presenciais. Serán avaliados a súa entrega, o uso adecuado dos recursos e metodoloxías suxeridas e a progresión no proceso de aprendizaxe. 15
Oral presentation A1 A12 B6 Os/as alumnos/as terán que realizar unha presentación oral do traballo colectivo, orientada á demostración da súa competencia comunicativa. 10
Mixed objective/subjective test A7 A1 B6 B8 C2 Nesta proba o alumnado terá que realizar diferentes exercicios de corrección e produción de textos, para avaliar os coñecementos e competencias adquiridas durante todo o cuadrimestre. 35
 
Assessment comments

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final do traballo obrigatorio se este for entregado fóra de prazo sen causa xustificada.

Os/as estudantes que non superaren a materia ou que non entregaren o traballo colectivo exixido deberán realizar na convocatoria de xullo unha proba de carácter escrito e entregar o traballo obrigatorio.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co/coa profesor/a.

Considerarase non presentado na materia quen non realizar a proba escrita e/ou quen non entregar o traballo obrigatorio proposto polo profesorado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes