Os alumnos que NON participen no EEES serán avaliados a través dunha única Proba Obxetiva (con parte teórica e parte práctica) que constituirá o 100% da avaliación. A parte práctica desta proba pode convocarse noutro horario en función da disponibilidade da aula de informática e para dar un descanso ós estudantes. Para os que si participan no EEES, a avaliación continua supón o 70% da nota.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), e quera manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación continua, deberá asistir ó 85% das clases, eximíndolle da asistencia ás clases teóricas, de non poder asistir a elas. No caso de non poder asistir ás prácticas deberá asistir a titorías onde realizará probas equivalentes.
A materia divídese en dúas partes: parte 1 (temas do 1 ao 4) e parte 2 (temas do 5 ao 8). Para superala haberá que alcanzar en cada parte un mínimo de 3,5 puntos que permita logo obter unha media de, polo menos, 5 puntos.
No caso pouco probable pero posible de acadarse unha media aritmética igual ou superior a 5 pero en que se incumpra a condición de acadar, a lo menos, un 3,5 en cada unha das partes, o resultado da avaliación será de suspenso e a nota final será calculada cunha media xeométrica axeitada.
Os criterios de avaluación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e as súas enmendas relacionadas con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.