General description |
Coñecer e comprender os principios de funcionamento dos sistemas de propulsión e os sistemas auxiliares dos buques
Coñecemento xeral da terminoloxía referente á maquinaria e equipos da bordo.
Coñecer e saber utilizar os telemandos da maquinaria principal e auxiliar dos buques
Interpretación dos debuxos e manuais de maquinaria
Interpretación de diagramas dos sistemas de canalizacións, hidráulicos e pneumáticos
Interpretar correctamente os esquemas e canalizacións dunha instalación, sendo capaz de facer modificacións nestes, e trazar planos de pequenas instalacións ou partes destas.
Expresarse correctamente utilizando os termos relativos á maquinaria principal e auxiliar.
Interpretar a información contida nos catálogos, manuais e demais literatura técnica subministrada polas casas comerciais sobre os seus produtos.
En xeral preténdese que o alumno adquira os coñecementos teóricos e prácticos abondo, conducentes á obtención do título académico que pretende, para que, no exercicio da súa profesión, poida resolver cantas cuestións se lle presenten na enxeñaría da operación e o mantemento dos diversos elementos e sistemas auxiliares que compoñen os distintos tipos de buques, así como en calquera ámbito da industria. |