XERAIS DA MATERIA
Poden describir os principios xerais da intervención preventiva nas dificultades en lecto-escritura.
Poden informar sobre as funcións de prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento nas dificultades de aprendizaxe da lecto-escritura.
Poden describir e utilizar os modelos e as técnicas de intervención específicas para a lecto-escritura.
Poden informar sobre as características diferenciais da intervención sobre a lectura e a comunicación nos ámbitos familiar, escolar, clínico e asistencial.
Son capaces de realizar unha intervención en trastornos específicos da linguaxe escrita e nas dificultades de lectura, tanto en nenos tipo, como na comunidade de nenos xordos.
Poden realizar unha planificación estratéxica da intervención na área de lectura e comunicación.
Dispoñen de recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións.
Son capaces de seleccionar e utilizar recursos procedentes das TIC para a intervención en lecto-escritura e nos trastornos da comunicación.
|
AJ4 AJ6
|
BJ2 BJ4
|
CJ7 CJ8
|