Guia docenteCurso Facultad de Ciencias de la Educación |
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas |
Asignaturas |
Didáctica de los espacios culturales en contextos educativos |
Metodologías |
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica de los espacios culturales en contextos educativos | Código | 652513211 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Periodo | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Máster Oficial | 2º cuatrimestre |
Primero | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodologías | Descripción |
Actividades iniciales | Periódica e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia. |
Análisis de fuentes documentales | Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación cos espazos culturais. |
Aprendizaje colaborativo | Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. |
Taller | Están concibidos como ensaios de experimentación de aprendizaxes de traballo por proxectos e por centros de interese. Materializanse en encontros, simulacións, debates, exposicións, etc., arredor de temáticas concretas, deseñados e desenvolvidos polo alumnado e guiados pola profesora. |
Salida de campo | Son unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos culturais formativos e a contextos do contorno inmediato. Preténdese que o alumnado adquira tanto capacidades de organización de saídas como o coñecemento de institucións, actividades, exposicións, paisaxes, etc. e a comprensión do seu potencial educador. O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación e a recollida de información. |
Sesión magistral | As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva. |
Trabajos tutelados | A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no espectro dos espazos culturais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. |
|