Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil
 Asignaturas
  Investigación e Innovación en Educación Musical 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A7 A10 A15 A16 B2 C5 Proceso de ensino orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulrlo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. 60
Aprendizaxe colaborativa A7 A6 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 20
Presentación oral A8 B4 B6 B8 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 20
 
Observacións avaliación
Para aprobar a asignatura é necesario aprobar cada un dos
apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.

A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as)
entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo
realizado.

Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases
presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha
proba individual. Neste caso, os ítems da avaliación e o traballo terán unha ponderación do 50%, esixíndose en
cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos
exámes como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación,
así
como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación,
excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos
sobre a nota
obtida.
En caso de que a/o profesor detecte plaxio
nalgún
traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase
traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.
Farase especial fincapé no cuidado do medio
ambiente en pro dunha
educación e sociedade sostible. Os traballos
serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de
non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando
imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos
negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos
comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na
elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o
emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes