Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física |
Asignaturas |
Proxectos de innovación e investigación educativa en educación física |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos de innovación e investigación educativa en educación física | Código | 652603E1I3 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 2 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmtir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Traballos tutelados | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Realizarase un traballo tutelado no que se desenvolverá un proxecto de innovación educativa no ámbito da Educación Física na Educación Secundaria Obrigatorio e/ou Bacharelato. Promoverase que os alumnos realicen os proxectos integrados. |
Aprendizaxe colaborativa | Traballarase na aula, a través de pequenos grupos nos que o alumnado traballará conxuntamente na resolución de tarefas asignadas pola profesora para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
Presentación oral | Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Discusión dirixida | Promoveranse actividades de debate sobre diferentes aspectos do temario, nas que se contrastarán as idas e opinións de todo o alumnado e tratarase de buscar puntos de consenso. |
Análise de fontes documentais | Analizaranse diversos documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
|