Relación coas materias do mestrado Para a realización do TFM son imprescindíbeis as achegas das materias do Mestrado, maiormente as propias da especialidade (Aprendizaxe, Inserción e orientación laboral, Practicum e Mercado laboral e FP). Polo tanto, un bo aproveitamento das materias facilita a elaboración do TFM. Lectura do documento marco do TFM No documento marco do TFM pode obterse información máis detallada sobre modalidades ou temáticas, funcións e asignación da direccioón, procedemento de avaliación e procedemento e calendario para a presentación e defensa. Este documento está dispoñible na web da Facultade, no apartado destinado ó Mestrado e en moodel. COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados, os
traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos,
estarán impresos a dobre cara e empregarán papel reciclado |