Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
|
|
Identifying Data | 2018/19 | |||||||||||||
Subject | Methodological and professional foundations of the galician and spanish education of the languages a | Code | 652608823 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | Yearly |
First | Obligatory | 4 | ||||||||||
|
Learning outcomes | Study programme competences / results | ||
Os/as estudantes deben demostrar coñecemento teórico e dominio práctico dos principios e criterios que presiden o proceso de desenvolvemento e concreción do currículo (con especial atención aos que se refiren ao deseño de unidades didácticas, que e a súa derradeira fase). | AJ20 AJ21 AJ27 |
CC1 CC3 CC4 CC6 |
|
Os/as estudantes deben familiarizarse coas concepcións «modernas» da avaliación, as cales, no canto de a reducir ao mero acto de corrixir e puntuar, prefiren contemplala como unha práctica que precede, acompaña e segue ao proceso de ensinanza-aprendizaxe (e que, por tanto, axuda a planificalo, a xestionalo e, por suposto, a valorar os seus resultados e extraer leccións para o porvir). | AJ24 |
CC1 CC3 CC4 CC6 |
|
Os/as estudantes deben achegarse ao problema das adaptacións curriculares, facendo seus os valores que subxacen a elas (respecto da diferenza, consideración por «o outro») e asimilando (reflexiva e mesmo criticamente, de ser preciso) algunhas das pautas e suxestións que para levalas a cabo propoñen os especialistas en orientación educativa. | AJ20 AJ21 AJ27 |
CC1 CC3 CC4 CC6 |
|
Os/as estudantes deben coñecer, grosso modo, as etapas do proceso de selección do persoal docente dos centros de titularidade pública, tomando conciencia dos principios que o presiden (igualdade, mérito, capacidade) e establecendo as oportunas comparacións cos procedementos en uso nos países do noso contorno. | CC1 CC3 CC4 |
|