Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo | Código | 652G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A21 A26 A30 B1 B5 B6 B14 B15 B24 C4 | Os traballos tutelados realizados polos diferentes grupos de alumnos/as serán avaliados a partir dos seguintes criterios: -A profundidade do contido. -O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. -A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. -A presentación e a claridade da exposición. Trátase dun traballo fundamentalmente grupal, pero na parte da exposición oral pode facerse unha avaliación máis individualizada a través das preguntas que se realicen a cada membro do grupo. De ser o caso, esta avaliación individualizada non representará nunca máis dun 10% da cualificación que lle corresponde a esta metodoloxía de avaliación. |
40 |
Proba obxectiva | A1 A4 A13 A20 A26 A28 B22 B15 B14 B11 B10 B6 B3 C7 C8 | A proba obxectiva de carácter individual, estará composta por corenta preguntas sobre os sete temas que constitúen a materia. Cada pregunta presentará tres alternativas de resposta das cales haberá que elixir a correcta. As preguntas que se formulen aludirán tanto aos contidos teóricos da materia, como aos contidos prácticos, esixindo un elevado nivel de relación entre eles. superar a proba implica abordar a materia desde un punto de vista global, sabendo establecer as múltiples relacións que se poden establecer entre os contidos abordados nos sete núcleos temáticos que a conforman, e que contribúen a entender a complexidade da función do/a docente en Educación Infantil en termos de deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo. |
60 |
Observacións avaliación | |||
|
|