- É obrigatoria a entrega cumprimentada dunha foto antes de
rematar o mes de febreiro do curso actual, indicando por detrás nome,
grupo, mail e telefono. - Non se admitirán traballos dos que o profesor ou profesora non teña constancia da sua realización. - Deben presentarse ben identificados (nome do alumno/alumna, curso,
grupo, materia e nome do profesor/profesora), e sempre que conteñan
referencias bibliográficas, é imprescindible seguir as normas da APA (6ª
ed.). - As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais. É aconsellable gardar copia do orixinal que se entregue. -Para
poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos
traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará
como NON PRESENTADO/A. -Tendo en conta as recomendacións do Comité Ambiental da Facultade (GREEN CAMPUS): - Os traballos escritos presentaranse impresos a
dobre cara, en papel reciclado e grapados.
- Non se recollerán traballos encadernados, con fundas de
plástico, anillas ou diseños similares.
- Débese facer un uso sostible dos recursos así como da prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- A proba de ensaio realizarase seguindo o calendario oficial. - Ás titorías serán o Xoves (10.30-13 h. e 16,30-19 h) no despacho P0B7. |