Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Didáctica da lingua castelán |
Contidos |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da lingua castelán | Código | 652G01018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
1. Mínima introdución á linguaxe e á lingüística | 1. 1. Que é a linguaxe? 1. 1. 1. Lugar da linguaxe no conxunto dos fenómenos comunicativos. 1. 1. 2. Dous aspectos da linguaxe: «acto lingüístico» (produción e comprensión das mensaxes verbais) e «saber idiomático» (coñecemento intuitivo do código verbal). 1. 1. 3. A organización interna dos códigos verbais: caracteres fundamentais. 1. 2. Que é falar? 1. 2. 1. O acto lingüístico como manifestación do saber idiomático. 1. 2. 2. O acto lingüístico como superación do saber idiomático: o papel das competencias «sociolingüística», «discursiva» e «estratéxica» na produción e comprensión da fala. 1. 2. 3. Texto e contexto: cómo as circunstancias que rodean o acto lingüístico inflúen sobre os procesos de elaboración e interpretación das mensaxes. 1. 3. Qué é a lingüística? 1. 3. 1. Obxecto complexo, ciencia complexa. 1. 3. 2. A lingüística teórica: disciplinas «micro» (Fonoloxía, Gramática, Lexicoloxía) fronte a disciplinas «macro» (Neuro- e Psicolingüística, Socio- e Etnolingüística). 1. 3. 3. A Lingüística aplicada. 1. 3. 4. A Didáctica da lingua: o seu lugar no conxunto das ciencias da linguaxe. |
2. Os primeiros pasos no camiño cara o dominio da primeira lingua (0-3 anos) | 2. 1. Que? Cando? Como? As grandes preguntas no eido dos estudos sobre o desenvolvemento lingüístico do neno 2. 2. Feitos comprobados 2. 2. 1. A etapa prelingüística (0-9 meses, aprox.). 2. 2. 2. A aparición do signo (9-12 meses, aprox.). 2. 2. 3. A evolución do sistema fonemático (a partir dos 12 meses). 2. 2. 4. A evolución dos sistemas léxico e gramatical (a partir dos 12 meses). 2. 3. Cuestións aínda abertas: a controversia sobre as achegas da herdanza (nature) e da crianza (nurture) 2. 3. 1. A aproximación «condutista»: propostas de Charles E. Osgood e Burrhus F. Skinner. 2. 3. 2. A aproximación «innatista» (ou «nativista») de Noam Chomsky: o que é e o que non é. 2. 3. 3. Máis aló de Chomsky e de Osgood e Skinner: esterilidade da controversia entre condutismo e innatismo. |
3. O desenvolvemento das habilidades lingüísticas na escola infantil (3-6 anos) | 3. 1. A oralidade 3. 1. 1. Caracteres distintivos da comunicación oral. 3. 1. 2. Valoremos a oralidade nos seus xustos termos: presentación e crítica dos dogmas «normativista» e «espontaneísta». 3. 1. 3. A miraxe da «naturalidade»: necesidade de traballar a linguaxe oral nas aulas. 3. 1. 4. Algunhas pautas e estratexias para o «cultivo» da oralidade na escola infantil. 3. 2. A lectoescritura 3. 1. 1. Caracteres distintivos da comunicación escrita. 3. 1. 2. Orixe, desenvolvemento e natureza dos sistemas de escrita de carácter alfabético. 3. 1. 3. O ensino da escrita onte: o conflito entre «métodos analíticos» e «métodos sintéticos». 3. 1. 4. O ensino da escrita hoxe: promesas e riscos do «enfoque construtivista». 3. 1. 4. Algunhas pautas e estratexias para o «cultivo» da escrita na escola infantil. |
|