Workshop |
A40 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A49 A51 B7 B10 B11 B17 B19 B24 C1 C3 C6 C8 |
As tarefas realizadas nas sesións interactivas supoñerán un 10% da cualificación da materia; con outras palabras: a súa execución (e maila súa entrega, cando for o caso) achegará un punto, como máximo, á conta de resultados do estudante. |
10 |
Objective test |
A42 A46 A47 A49 B11 |
Esta actividade suporá un 60% da cualificación; con outras palabras: achegará un máximo de seis puntos á conta de resultados do estudante. Nótese que, para superar a materia, é necesario obter cando menos tres dos seis puntos que están en xogo. |
60 |
Supervised projects |
A42 A43 A44 A46 A47 A50 B6 B10 B11 B12 B15 B19 B25 C1 C2 C3 C6 C7 C8 |
Esta actividade, que se realizará en grupo, suporá un 30% da cualificación; con outras palabras: achegará un máximo de tres puntos á conta de resultados do estudante. Nótese que, para superar a materia, é necesario obter cando menos un dos tres puntos que están en xogo. |
30 |
- O plaxio castigarase coa máxima severidade: un so caso de corta-e-pega abondará para que un traballo fique cualificado cun cero, o cal implica o suspenso na asignatura.
- Os/as estudantes que non superen a materia en maio-xuño poderán facelo en xullo, baixo as seguintes condicións: se na proba obxectiva ficaron por debaixo de tres puntos, deberán enfrontarse novamente a ela; se no traballo obtiveron menos dun, terán que repetilo. Seralles conservada a puntuación que acadasen por participar nas sesións interactivas.
- Aos/ás estudiantes que non asistan regularmente ás aulas aplicaráselles o mesmo procedemiento de avaliación que aos que sí as
frecuenten, cun par de diferenzas de escasa entidade: por unha banda, ofreceráselles a
posibilidade de facer en solitario o traballo tutelado; por outra banda, o punto que se pode obter pola participación nas sesións interactivas cargaráselles na conta do devandito traballo, que
suporá, por tanto, un 40% da cualificación final.
|