Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Bases didácticas da educación especial inclusiva |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Bases didácticas da educación especial inclusiva | Código | 652G01034 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Realizarase ao inicio de cada unidade temática, ou cando através do seguimento do traballo de aula e individual, se perciba a necesidade de aclarar ou introducir conceptos esenciais ou novidosos |
Estudo de casos | A través de casos reais ou supostos estudaranse especialmente os temas relacionados coas distintas discapacidades |
Lecturas | Indicaranse na aula as que teñen caracter obrigatorio e as que teñen un caracter opcional |
Discusión dirixida | Trátase de intercambiar razoamentos e elaborar un pensamento propio sobre algúns dos temas traballados |
Aprendizaxe colaborativa | Procederemos en dous sentidos: -En equipos terán que facer unha proposta de intervención na aula dende unha perspectiva inclusiva -Terán que poñerse en contacto con persoas da comunidade educativa para coñecer cómo contribúen no desenvolvemento de prácticas educativas dende unha perspectiva colaborativa |
Investigación (Proxecto de investigación) | En equipos de 3 ou 4 persoas terán que recoller unha experiencia educativa realizada en unha aula de Educación Infantil onde haxa alumnado con NEAE e terana que analizar dende o punto de vista da inclusividade do alumnado. A experiencia podera recoller nun centro, nunha publicación, etc. |
Portafolios do alumno | O alumnado terá que realizar unha recolleita dos contidos elaborados na aula para a partir de aí, analizalos, interpretados e enriquecer as opinións propias coas achegas dos autores propostos na bibliografía aduxntada ou outros autores lidos polo alumnado |
|