Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Subjects
  Inclusive and Multicultural Education
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A18 A23 Na presentación participarán todos os membros do grupo.

Valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
--------------------------------------------------

10
Mixed objective/subjective test A6 A7 A8 A9 A11 -------------------------------------------------
Na proba mixta especificarase o peso de cada pregunta.

Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual e a corrección gramatical.

Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
-------------------------------------------------
50
Student portfolio B22 B23 B24 B25 C3 PAUTAS PARA O DESENVOLVEMENTO DOS PORTAFOLIOS :CADA UN DOS GRUPOS FORMADOS PARA TRABALLAR NAS SESIÓNS INTERACTIVAS ELABORARÁ UN PORTAFOLIOS QUE CONSTARÁ DOS SEGUINTES ELEMENTOS:

1. ANÁLISE DE EXPERIENCIAS, CASOS E TEXTOS TRABALLADOS NA AULA.
2. SECUENCIA DIÁCTICA PARA TRABALLAR A DIVERSIDADE FUNCIONAL OU CULTURAL NUN AULA DE PRIMARIA PARTINDO DUN CONTO OU DUNHA PELÍCULA SOBRE DIVERSIDADE FUNCIONAL OU CULTURAL.







40
 
Assessment comments

A proba mixta puntuarase de 0 a 5 e o portafolio, igualmente de 0 a 5. Para aprobar a materia será necesario acadar,
como mínimo, unha puntuación de 2,5,  tanto no portafolio coma no exame final.

No caso do alumnado que suspenda unha das partes, non se fai media. A  cualificación será a da parte suspensa, que na acta definitiva aparecerá en base 10.

As porcentaxes especificadas aplícanse
ao alumnado asistente, que é aquel que asiste a clase nun 80% do horario. O
alumnado non asistente realizará únicamente a proba mixta, que será específica para este alumnado, aínda que se realice na mesma sesión que o alumnado asistente.  Na titoría a profesora indicará a bibliografía de referencia que debe usar este alumnado para a preparación do exame final.

As condicións de avaliación son idénticas na primeira e segunda oportunidade.

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, ou o que compaxina estudos e traballo, sempre que poida probar debidamente esta circunstancia, ou o alumnado que poida padecer enfermidades prolongadas,  deberá acudir a titorías co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o
caso, da actividade interactiva. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que
será o que resulte máis acaído en función da súa  maior ou menor presencia/ausencia nas
sesións interactivas. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes