Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Didáctica da expresión musical |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da expresión musical | Código | 652G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Valoración dos coñecementos previos do alumnado. |
Traballos tutelados | Realización dunha actividade didáctica que —fundamentada na revisión de documentos, bases de datos, páxinas web ou medios audiovisuais— desenvolverase mediante manifestacións escénicas, baseadas principalmente no movemento corporal asociado á música. Estas propostas poderán contar cos seguintes recursos: 1. Interpretación ou creación de coreografías. 2. Musicalización de textos, dramatización musical e creación de xogos musicais. 3. Interpretación de pezas vocais, instrumentais e mixtas. 4. Emprego de playback, audiovisuais, musicogramas dinámicos, etc. |
Investigación (Proxecto de investigación) | Indicarase un traballo de investigación relacionado coa materia. As orientacións do profesorado servirán de guía ao alumnado no proceso de realización. Indicaranse lecturas obrigatorias e recomendadas. |
Obradoiro | Actividades individuais e colectivas que abranguerán os seguintes aspectos na súa dimensión práctica e didáctica: 1. Interpretación vocal. 2. Interpretación instrumental. 3. Práctica auditiva 4. Elementos básicos de dirección vocal e instrumental. 5. Aplicación das novas tecnoloxías á práctica e ensino musical. |
Proba mixta | Esta proba realizarase en dúas fases: a primeira (escrita) consistirá na realización de exercicios prácticos relacionados co temario oficial. A segunda consistirá na execución (vocal e instrumental) dunha ou varias pezas do repertorio establecido. As pezas instrumentais interpretaranse na frauta doce. |
Prácticas a través de TIC | Transcrición dos exercicios auditivos e compositivos aos formatos dixitais adecuados, segundo a súa natureza. Estes arquivos serán compartidos e entregados para a súa avaliación mediante as plataformas informáticas que se establezan. |
Sesión maxistral | Explicación do contido temático por parte do profesorado ou de profesionais especialistas convidados/ás. Cando o profesorado responsable da materia organice concertos, conferencias, seminarios ou charlas sobre temáticas relacionadas coa materia, serán consideradas tamén dentro deste apartado, e por tanto de obrigada asistencia. |
|