Methodologies |
Description |
Collaborative learning |
Ao longo do curso o alumnado traballará en diversas actividades en pequeno grupo. O obxectivo desta metodoloxía é favorecer a aprendizaxe colaborativa dos estudantes, incidindo na importancia da planificación e a coordinación conxunta. |
Workbook |
O profesorado proporá algunhas lecturas para a profundización dalgúns dos contidos da materia. |
Document analysis |
Afondarase no estudo de diversos contidos relacionados coa materia a través da análise de documentais audiovisuais e textos escritos. |
Student portfolio |
O alumnado deberá ir elaborando un dosier coas actividades propostas ao longo do curso. Este dosier será individual e deberá entregarse para a súa avaliación ao finalizar o cuadrimestre, nunha data a concretar polo profesorado. |
Mixed objective/subjective test |
O exame dos contidos abordados nas sesións expositivas consistirá nunha proba mixta que incluirá preguntas tipo test e de resposta curta (preguntas a respostar en poucas liñas, nunha soa palabra, de completar mediante un exemplo, de unir por flechas, etc.). As preguntas tipo test mal respostadas restan. |
Summary |
Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
|
Introductory activities |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Problem solving |
Nalgunhas das actividades a desenvolver nas sesións interactivas, solicitarase ao alumnado que elabore ideas e estratexias para resolver diversos problemas e situacións relacionadas con algún dos contidos estudados. |
Simulation |
Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes. |
Laboratory practice |
Durante as sesións interactivas, desenvolverase algunha actividade de carácter experimental para analizar os procesos de cambio e maduración cognitiva dos seres humanos. |
Directed discussion |
Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas o profesorado proporá algunhas situacións controvertidas co obxecto de que o alumnado debata sobre as súas implicacións desde a perspectiva da Educación Social. |
Glossary |
Nalgunhas das actividades propostas durante o curso, pedirase ao alumnado que defina e explique sucintamente algúns dos conceptos chave no estudo do desenvolvemento humano. |
Guest lecture / keynote speech |
As sesións maxistrais desenvolveranse nas sesións expositivas con todo o grupo clase. Nelas, o profesorado presentará e explicará mediante power points os conceptos más importantes en cada un dos contidos contemplados no temario. |