Aprendizaxe servizo |
A5 A7 A8 A9 A14 A20 A21 B3 B5 B6 C3 C7 |
Avaliarase a calidade do servizo realizado así como as aprendizaxes desenvolvidas durante o proceso.
O servizo será avaliado polo profesorado implicado e por parte das entidades colaboradoras (ASF e Solidariedade Internacional de Galicia), no que respecta a:
- Diario de campo da cartografía social (grupal): detalle no rexistro dos encontros e entrevistas realizadas, así como calidade das reflexións extraídas (argumentación, fundamentación, sinerxías...).
- Actividade de sensibilización deseñada (incluída no PAS, grupal): calidade técnica e valor inclusivo, ademais do carácter innovador e viabilidade.
- Informe de autoavaliación final (individual): calidade e afondamento da reflexión sobre as aprendizaxes desenvolvidas.
|
50 |
Oral presentation |
A14 B6 C3 |
A presentación e defensa do Programa de Acción Socioeducativa será avaliado pola docente (heteroavaliación), polo grupo aula (coavaliación), e polo propio grupo (autoavaliación), atendendo aos criterios que se establezan conxuntamente. Entre eles: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a coherencia no discurso, a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); e o uso de recursos.
A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo. |
10 |
1.- A asistencia e participación nas sesións de aula e actividades prácticas sinaladas considéranse obrigatorias nunha universidade presencial como é a Universidade da Coruña. Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas (de saúde, laborais ou de conciliación), non podan ter unha asistencia sistemática (por encima do 85%), poderán optar a unha modalidade de avaliación específica, sempre que o comuniquen á docente en horario de titorías para a súa oportuna e axeitada consideración. Nestes casos, establécense as seguintes actividades de avaliación: Proba de ensaio (70%) e Ensaio reflexivo (30%). As pautas e criterios de avaliación específicas destas dúas actividades figuran no documento colgado no Moodle. Avaliarase o ensaio reflexivo só no caso de superar a proba de ensaio. En caso de non superala, a nota final corresponderase coa da proba de ensaio valorada sobre 100%. 2.- O cómputo global da nota final require que a aprendizaxe servizo (ou proba de ensaio) e a simulación (ou ensaio reflexivo) obteñan unha cualificación de aprobado (5). As actividades superadas só se gardarán durante a convocatoria anual. 3.- Todos os traballos presentaranse en formato dixital (PDF) a través do Moodle. Non se aceptará ningún traballo do que a docente non teña constancia da súa realización. 4.- O alumnado que, tendo recoñecida a condición de estudante a tempo
parcial e solicitara no Decanato a dispensa académica -tal como se
establece na "Norma
que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia ea
progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na
Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e as metodoloxías de avaliación.
|