Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Educación e medios de comunicación social |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2018/19 | |||||||||||||
Asignatura | Educación e medios de comunicación social | Código | 652G03037 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A9 A11 A15 B1 B5 B6 C3 C4 | Avaliación da breve proposta educativa de traballo para os medios de comunicación na que se conecte o produto audiovisual creado. Entre os criterios de avaliación está que na proposta os medios de comunicación sexan obxecto de estudo e non só recurso educativo; que na proposta se traballen algún dos aspectos da Educación para o desenvolvemento e a dimesión global; que na proposta se traballen as dimensións da educación mediática, tendo en conta a vertente da análise e da creación; que se describan actividades concretas; conexión dos contidos traballados nas clases e o aprendido co estudo de caso. |
30 |
Estudo de casos | A5 A11 A13 B1 B6 C1 C3 C4 C6 | Avaliación da investigación dun producto mediático. A investigación terá como guía a resposta a catro preguntas claves da educación mediática sobre o caso elixido libremente e centrado nalgún produto mediático de interese para os estudantes. Entre os criterios de avaliación está a resposta ao maior número posible de aspectos que se recollen para cada unha das catro preguntas e a conexión cos contidos traballados nas clases. |
35 |
Presentación oral | A15 B1 B5 B6 C1 C3 | Avaliación da presentación do produto mediático creado. O produto mediático consistirá nun producto audiovisual dun xénero elixido libremente no que se lle dará voz a colectivos silenciados nos medios de comunicación de masas conectando a educación mediática coa educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. Entre os criterios de valiación están que o guión acade claramente o obxectivo de dar voz a colectivos silenciados e que sexa apropiado ao formato elixido; a calidade técnica e estética; que a presentación sexa atractiva onde se conte o proceso de creación e as aprendizaxes acadadas; e a intervención de todos os membros do grupo. |
35 |
Observacións avaliación | |||
Os estudantes que asistan ao 80% das clases poden acollerse ao modelo de avaliación por traballos tendo que ter ao menos 5 puntos en cada un deles (proposta individual, estudo de caso en grupo e produto mediático en grupo) para aprobar. Os estudantes que non asistan de manera xustificada ou non xustificada ao 80% das clases terán que realizar os tres traballos de forma individual e un examen escrito. As porcentaxes serán as seguintes: Tres traballos individuais (proposta, estudo de caso e produto mediático) cada un 10% da nota tendo que obter un mínimo de 5 puntos en cada un deles para aprobar; examen escrito 70% tendo que obter un mínimo de 5 puntos no mesmo para aprobar. Este modelo de avaliación aplicarase tamén ao alumnado asistente que suspendera e aplicarase tamén na 2º oportunidade de xullo. Os estudantes que teñan recoñecida tanto a condición de estudante a tempo parcial como a dispensa académica especial terán que asistir ao 100% das clases expositivas sendo avaliados da seguinte manera: Tres traballos individuais (proposta, estudo de caso e produto mediático) cada un 30% da nota tendo que obter un mínimo de 5 puntos en cada un deles para aprobar. |
|