Discusión dirixida |
Debates e posta en común, en pequeno, mediano ou grande grupo, dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre. Estes debates versarán sobre o contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase. |
Lecturas |
Lectura e análise dos documentos incluídos no Dossier de Lecturas, para traballar a materia.
A maiores das breves lecturas do Dossier, cada micro-grupo de estudantes seleccionará un libro (de entre máis de 60 títulos), do que terá que ler polo menos 100 páxinas e preparar unha presentación oral do mesmo perante o grupo-clase. |
Sesión maxistral |
Exposición oral, por parte da docente, co apoio de recursos audiovisuais, dos contidos relacionados co temario da materia. |
Traballos tutelados |
Realización individual, ou en parella, dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas en clase. Dito traballo consistirá no deseño dunha intervención pedagóxica baseada na análise e aplicación dos contidos abordados ao longo do cuadrimestre.
Recoméndase a entrega dos traballos impresos sen plásticos de encadernación, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir bosquexos (rascuños/borradores).
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Para máis información sobre o formato e o período de entrega do traballo, véxase o espazo da materia na plataforma Moodle. |
Simulación |
Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes. |